...mes de marzo en Cambre

27 Feb 2019

O mes de marzo ven cargado de actividades na Casa da Xuventude de Cambre.
 
KDADAS DE ENTROIDO, do 1 ao 6 de marzo, nas que haberá:
• 1 de marzo. ROSQUILLAS de ENTROIDO
• 4 de marzo. TARDE de ENTROIDO, con música, xogos entroideiros e chocolatada.
• 6 de marzo. DISFRACES EXPRÉS para sorprender no gran día de Entroido en Cambre, o 9 de marzo.

POR FIN É VENRES. Todos os venres tes un plan gratuíto na Casa da Xuventude:
• 8 de marzo. Día da Muller Traballadora. Implícate, pon as gafas violeta e reflexiona sobre a igualdade de xénero que ves ao teu arredor.
• 15 de marzo. Towers Football. Sabías que en Cambre hai un equipo de fútbol americano? Vai coñecer aos Towers!
• 22 de marzo. Escape Room dinamizado pola Xente de 100cia. Organízate e consigue resolver os enigmas que che levarán a conseguir escapar antes de que remate o tempo!
• 29 de marzo Falamos de sexo? Que dúbidas, inquedanzas e preocupacións sobre sexualidade tedes na cabeza? Que che gustaría que a Casa da Xuventude ofrecese para resolvelas?

E todos os luns, continuan co ENGLISH CONVERSATION CLUB, de 19:00 a 20:00. Vai xogar e pasar un bo rato mentres melloras o teu inglés neste grupo dinamizado por dous mozos voluntarios de Estados Unidos.

Máis información en:  
OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Rua Wencesalo Fdez. Florez s/n CAMBRE
Teléfono 981 613 170. Horario: 10-14 horas e 18-20 horas
omix@cambre.org
infoxuvenil@cambre.org
 
CASA DA XUVENTUDE (Casa das Palmeiras)
Rua Tapia 1. O TEMPLE
Teléfono: 981 650 269. Horario: 11-14 horas e 17-20 horas
pixtemple@cambre.org