Prácticas na OTAN

20 Feb 2019

A sede central da OTAN organiza un programa de prácticas co obxectivo de proporcionar a un pequeno número de estudantes e recentemente graduados, a oportunidade de realizar prácticas co persoal internacional na sede da OTAN en Bruxelas.

Hai unha convocatoria cada ano, na primavera, con dúas datas de inicio das prácticas, en setembro e en marzo do ano seguinte.
As prácticas teñen unha duración de 6 meses.

O Programa de Prácticas da  OTAN ten catro obxectivos principais:
- Proporcionar á Organización acceso aos últimos coñecementos teóricos e técnicos que o participante pode aplicar a través de tarefas prácticas e recursos adicionais.
- Proporcionar aos participantes a oportunidade de aprender da comunidade da  OTAN e obter unha mellor comprensión e unha visión máis equilibrada da Organización.
- Contribuír a crear un ambiente laboral máis diverso.
- Ampliar os coñecementos sobre a  OTAN nos países da Alianza.  

Remuneración:
Os participantes recibirán un total de 1.069,60€ ao mes.
Tamén recibirán un reembolso de ata 1.200€ polos gastos de viaxe desde o momento no que son aceptados ata terminar as súas funcións.
Despois de tres meses de servizo, os participantes terán dereito a vacacións (incluíndo baixas por enfermidade) a razón de 2,5 días hábiles por cada mes de servizo completado.

Requisitos:
Estudantes e recentemente graduados (1 ano).
Idade: maiores de 21 anos no momento da prácticas (por motivos relacionados co seguro médico).
Nacionalidade: nacionais dun Estado membro da OTAN.
Estudos: polo menos dous anos de estudos universitarios ou equivalente.
Idiomas: dominio dun dos idiomas oficiais da  OTAN (inglés/francés); desexable ter coñecementos práctico do outro idioma.
Ter seguro médico e encargarse dos trámites necesarios coas autoridades belgas con respecto á súa estancia en Bélxica.
Todos os participantes teñen que solicitar unha autorización de seguridade das súas autoridades nacionais antes de traballar na OTAN.

Prazo para enviar as solicitudes: ats o 17 de marzo de 2019, 23:59  CET.

https://www.nato.int/cps/en/natolive/71157.htm