Manexo de embarcacións de lecer e motos náuticas

20 Feb 2019

A Consellería do Mar convoca exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas, sempre que acrediten, mediante a presentación por escrito do consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais.
Para obter calquera das outras titulacións náuticas de lecer os/as interesados/as deberán ter cumpridos os 18 anos de idade no momento en que se realicen as probas para a obtención destes títulos.

Prazos:
Convocatoria de maio de 2019. Matrícula: do 1 de abril ata o 15 de abril de 2019, ambos incluídos.
Convocatoria de setembro de 2019. Matrícula: do 22 de xullo ao 5 de agosto de 2019, ambos incluídos.

Solicitudes: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE616C

Máis información no DOG do 20 de febreiro de 2019