18 bolsas da Fundación Antonio Gala para impulsar a túa carreira artística

19 Feb 2019

A Mocidade creadora pode solicitar ata o 31 de marzo as bolsas da Fundación Antonio Gala, que inclúen estancias na súa sede, en Córdoba, para impulsar o seu proxecto artístico.

Narrativa, teatro, composición musical, arquitectura, pintura ou escultura, entre outras, son algunhas das disciplinas para as que se poden solicitar xa as bolsas para mozos/as creadores da Fundación Antonio Gala.

O obxectivo desta convocatoria é que os mozos creadores poidan recibir formación e desenvolver o seu proxecto de creación durante o curso académico 2019-2020 (exclúense as datas relativas ao Nadal e os festivos de Semana Santa). Un período no que ademais convivirán con outros bolseiros para vivir unha experiencia dobremente enriquecedora.

Esta convocatoria inclúe un total de 18 prazas, hai tamén unha para investigación sobre a obra e figura de Antonio Gala, para gozar dunha estancia desde outubro do 2019 a maio de 2020 na sede da Fundación en Córdoba, na que se traballará non só no proxecto creador, senón tamén en estimular e promover a creación.

As bolsas inclúen o aloxamento e a manutención, á parte de comprender os espazos necesarios para desenvolver o proxecto creativo e os gastos de material, aínda que neste último caso a dirección da Fundación establecerá o límite económico segundo dispoñibilidade orzamentaria.

As bolsas, que se poden solicitar ata o día 31 de marzo, están dirixidas aos mozos e investigadores de calquera nacionalidade, de idades entre os 18 e 35 anos e que falen español. Tamén deben un proxecto de creación, que se desenvolverá sen a axuda de profesionais, aínda que se contará con mentores de prestixio nas distintas áreas.

Quen cumpra os requisitos, deben enviar a documentación en papel impreso, indicando “Convocatoria de axudas á creación 2019-2020” á Fundación Antonio Gala para Mozos Creadores. Se se envían desde fóra de España, o proceso tense que facer por email.

Entre os documentos que enviarán figura a ficha de inscrición cumprimentada, o currículo artístico, certificación académica no caso de músicos, fotocopia do DNI, o proxecto e outra documentación que permita avalar o labor creativo como, por exemplo, obras publicadas, books… Tamén se poden achegar cartas de referencia, que serán valoradas.


https://www.fundacionantoniogala.org/convocatoria.html