Cambre. Paintball na Lagoa

15 Feb 2019

PAINTBALL NA LAGOA. Programa ESTE FINDE TEÑO PLAN 2019

DATA:  sábado, 30 de Marzo de 2019
LUGAR:  Valdoviño
DATA INSCRICIÓN:  Do luns 18 ao martes 26 de Febreiro de 2019
PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
Do 18 ó 26 de febreiro ata ás 14h. Nos rexistros municipais. Se a presentas noutra administración debes enviar unha copia por correo electrónico. Despois de enviar dita comunicación tes que chamar por teléfono para comprobar a súa recepción. ATENCIÓN: debes acreditar o desconto que solicites presentando o documento orixinal.
INSCRICIÓN DEFINITIVA:
- Exposición de listado das solicitudes recibidas (comproba que a túa solicitude chegou): mércores 27 de febreiro
- Sorteo das prazas (comproba que obtiveches praza ou que estás na listaxe de espera): o xoves 28 de febreiro ás 12h na OMIX
- Podes renunciar á praza: ata o xoves, 14 de marzo ás 14h. Se non, a actividade cobraráse igualmente.
A renuncia hai que facela por escrito, ben acercándose á OMIX ou á Casa da Xuventude e cubrindo alí unha folla ou ben, enviando un correo electrónico a actividades.omix@cambre.org decindo que se renuncia á actividade.
DESTINATARIOS:  Mocidade de 14 a 30/35 anos
PRAZAS:  25 prazas

TARIFA                                   Empadroado     Non empadroado
Pertenza a AAXX de Cambre        11,50          17,25
Tarxetom (Carné OMIX)                11,50            -
Desempregado                               16,10            -
Voluntariado de Cambre               16,10          21,85
Carné Xove                                      17,25          23,00

O PREZO INCLÚE: Transporte, seguros, aluguer de equipos (buzo, máscara, marcadora con 200 bolas) Persoal acompañante e monitores especializados

Máis información:
OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Rua Wencesalo Fdez. Florez s/n CAMBRE (detrás do concello, ó lado da Policia Local)
Cambre
981 613 170
omix@cambre.org
infoxuvenil@cambre.org
Horario: 10 - 14 horas e 18 - 20 horas

CASA DA XUVENTUDE (Casa das Palmeiras)
Rua Tapia 1. O TEMPLE
O Temple
981 650 269
pixtemple@cambre.org 11 - 14 horas
Horario: 17 - 20 horas