Bolsas na Oficina do Mecanismo Financeiro

14 Feb 2019

A Oficina do Mecanismo Financeiro (FMO), que administra as subvencións da área Económica Europea (EEA) ofrece 12 meses de prácticas, do 1 de setembro de 2019 ao 31 de agosto de 2020, a nacionais dos Estados membros da UE.

O obxectivo das prácticas é proporcionar aos funcionarios novos e a outros solicitantes cualificados, oportunidades de capacitación e familiarización co traballo e as funcións da Oficina do Mecanismo Financeiro (FMO) en Bruxelas, Bélxica.

Os candidatos deben especificar o seu campo de traballo ao facer a solicitude e deben:
- Ter unha máster en dereito, economía, estatística, ciencias políticas, relacións internacionais, administración de empresas ou outra experiencia relevante e equivalente.
- Ter coñecemento das aplicacións informáticas estándar de oficina (Microsoft Office).
- Ter unha mente analítica con capacidade para redactar documentos de boa calidade en inglés.
- Ser flexible e motivado.
- Valorable ter experiencia laboral de 1 a 2 anos, así como coñecementos e interese nun ou máis dos sectores prioritarios e/ou Estados beneficiarios.
- Ter fluidez en inglés, tanto falado como escrito (valorarase o coñecemento doutro idioma da  EFTA/UE).

O proceso basearase nas solicitudes recibidas a través da ferramenta de contratación electrónica da  EFTA.

Os bolseiros recibirán un subsidio mensual fixo de 1.570€, ademais do aloxamento e serán asignados á Oficina do Mecanismo Financeiro en Bruxelas.

Prazo: 3 de marzo de 2019.

https://jobs.efta.int/wd/plsql/wd_portal.show_job?p_web_site_id=564&p_web_page_id=377151