Bolsas no Centro Europeo de Linguas Modernas

14 Feb 2019

O Centro Europeo de Linguas Modernas (CELM) contrata a bolseiros dúas veces ao ano para realizar prácticas remuneradas de seis meses de duración.

A función principal do CELM, que é un corpo do Consello de Europa, é servir na implementación de políticas lingüísticas e na promoción de enfoques innovadores para a aprendizaxe e o ensino das linguas modernas.

Catro tipos de prácticas:
- A especialización en web:  o bolseiro asistirá ao  webmaster no seu traballo diario e participará no desenvolvemento do sitio web do  CELM
- A especialización en loxística:  o bolseiro dará soporte ao asistente do programa e á secretaria do programa, en cooperación cos coordinadores.
- A especialización en documentación:  o bolseiro, que debe ser especialista no campo da biblioteconomía/documentación/ciencias da información, dará soporte aos dous documentalistas do  CELM.
- Especialización en finanzas e administración xeral:  o bolseiro axudará no desenvolvemento da base de datos vinculada á base de datos existente de correos e na implementación de  Windream (software de xestión de documentos)

A remuneración mensual é de 720€. A  CELM non fai ningunha contribución para os gastos de viaxe desde o país de orixe do bolseiro. Cada mes faise unha dedución de aproximadamente 20€ para cubrir os custos do seguro durante a estancia. Os alumnos deben ser estudantes graduados, preferiblemente cun posgrao. Deben ser plurilingües (inglés, francés e, se é posible, coñecementos básicos de alemán).

Prazo: as solicitudes de prácticas deben ser enviadas ao  CELM antes do:   
28 de febreiro para o período de prácticas de xullo a decembro.
31 de agosto para o período de prácticas de xaneiro a xuño.

https://www.ecml.at/Aboutus/Traineeship/tabid/1790/language/en-GB/Default.aspx