Axudas urxentes para evitar os cortes de subministración eléctrica

14 Feb 2019

A Xunta de Galicia convoca axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables.
- Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social.
- Os gastos subvencionables serán o 50 % do importe das facturas de electricidade.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento IN414D e tamén en https://axudascortes-subministracion.xunta.gal
Máis información no DOG do 14 de febreiro de 2019 e na Dirección Xeral de Enerxía, teléfono 981 957 024
http://ceei.xunta.gal e no correo ceei.dxem.axudasenerxia@xunta.es