Subvencións para a contratación de orientadores/as laborais

12 Feb 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria fai unha convocatoria de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2019.

Beneficiarias:
a) As entidades locais que, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2018 superior a 350 persoas.
b) As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións delas dependentes con experiencia na realización de accións de orientación laboral.
c) As entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade, así como aquelas entidades que teñan por obxecto a atención a un colectivo específico de persoas en determinadas situacións de exclusión social (por razóns étnicas, adiccións, ex reclusos, etc) que realicen accións de orientación laboral .
d) As entidades sen ánimo de lucro que teñan entre as súas finalidades a atención a colectivos de persoas en risco ou situación de vulnerabilidade ou exclusión social e que realicen accións de orientación laboral.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR331A
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de marzo de 2019
Máis información no DOG do 12 de febreiro de 2019 e en http://ceei.xunta.gal/recursos/axudas-e-subvencions