Microrrelatos da Real Academia Galega e de Puntogal

11 Feb 2019

A Asociación Puntogal e A Real Academia Galega organizan conxuntamente un concurso de microrrelatos que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.

1. Participación
a) Poderán concursar todas as persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade.
b) Os menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor/a legal.

2. Sobre os textos/microrrelatos
a) Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos.
b) O tema dos microrrelatos é libre.
c) Cada participante poderá presentar un máximo de dous microrrelatos.
d) As obras terán como máximo 200 palabras (título incluído), que poderán acompañarse de imaxes, ligazóns ou vídeos.
e) Os textos presentaranse co seguinte formato: .docx, Arial, 12 puntos, interliñado 1,15.

3. Normas sobre o envío de textos
a) Os microrrelatos enviaranse por correo electrónico ao enderezo actividades@academia.gal
b) No correo deberá figurar como asunto: Certame de microrrelatos. Infantil/Xuvenil/Adultos (a categoría que corresponda), e acompañarase de dous documentos (A e B) en formato .docx.
- Documento A. Nomearase co Título do microrrelato e conterá o texto do microrrelato sen sinatura e baixo un pseudónimo.
- Documento B. Nomearase do seguinte xeito: Título do microrrelato-Pseudónimo, e conterá os datos persoais da persoa concursante: nome e apelidos, enderezo postal, correo electrónico, teléfono e copia dixital do DNI.
c) No caso de que o concursante sexa menor de idade, xuntarase a maiores unha autorización asinada polo pai, a nai ou o/a titor/a legal cos seus datos correspondentes (pódese descargar un modelo en http://asociacion.dominio.gal/documentos/).

O prazo para a presentación de textos estará aberto ata o 28 de febreiro de 2019

Categorías
Infantil: ata 11 anos
Xuvenil: de 12 a 17 anos
Adultos/as: a partir dos 18 anos

Premios
Infantil
- Primeiro premio: Lego Boost, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.
- Segundo premio: un lote de libros infantís, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.
- Terceiro premio: un lote de libros e merchandising de PuntoGal.
Xuvenil
- Primeiro premio: Play Station 4, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.
- Segundo premio: Kindle, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.
- Terceiro premio: un lote de libros e merchandising de PuntoGal.
Persoas adultas
- Primeiro premio: Un MacBook Air 13.3 SG/1.6GHZ, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.
- Segundo premio: un Kindle 6wifi negro ou modelo similar, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.
- Terceiro premio: un lote de libros, merchandising de PuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.

http://asociacion.dominio.gal/wp-content/uploads/2019/01/bases-certame-2019.pdf