Musiqueando pola provincia de Lugo

11 Feb 2019

A Deputación de Lugo convoca o programa Musiquenado co fin de potenciar as festas de carácter popular que se levan a cabo na provincia de Lugo.

No Programa Musiqueando poderán participar as agrupacións das seguintes categorías, que teñan residencia na provincia de Lugo e que estexan legalmente constituídas:
Bandas de música
Grupos corais
Grupos de música tradicional.
Non poderán participar grupos infantís, cuxos compoñentes sexan menores de 13 anos.

Este Programa vai dirixido a:
- Concellos da provincia, os cales poderán solicitar actuacións das bandas ou grupos que se acollan a este programa.
- Entidades sen ánimo de lucro da provincia que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura.
- Comisións de festas que se adiquen a organizar as festas patronais.

Concederanse actuacións musicais desde o 1 de abril ata o 20 de novembro de 2019.

Os cachés das actuacións serán os seguintes:
Bandas de música:
Bandas de menos de 15 integrantes : 750 euros.
Bandas entre 15 e 24 integrantes: 1.100 euros
Bandas entre 25 e 39 integrantes: 1.500 euros
Bandas entre 40 e 50 integrantes: 2.000 euros
Bandas de máis de 50 integrantes: 2.500 euros
Grupos de música tradicional:
Grupos de música tradicional con menos de 10 integrantes: 500 euros
Grupos de musica tradicional entre 10 e 20 integrantes: 750 euros
Grupos de música tradicional con máis de 20 integrantes: 900 euros.
Corais:
Corais hasta 20 integrantes: 600 euros
Corais con máis de 20 integrantes: 800 euros

Os concellos, as asociacións legalmente constituídas e as comisións de festas deberán contribuir ao pago do 20% do custo de cada unha das actuacións solicitadas e concedidas. O 80% do custo das actuacións correrá a cargo da Deputación de Lugo.

Prazos:
As agrupacións que desexen participar nesta convocatoria deberán presentar a súa solicitude na Deputación de Lugo ata o 1 de marzo de 2019.
Os concellos e asociacións deberán presentar as solicitudes antes do día 1 de marzo de 2019.

Máis información no BOP de Lugo do 9 de febreiro de 2019 e no teléfono: 982 260 260
e-mail: secretariacultura @deputacionlugo.org