Promoción da igualdade nos Concellos de Galicia

08 Feb 2019

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas e subvencións ás entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento de programas, actuacións e medidas para facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar e a participación das mulleres na vida política, económica, social e cultural, así como para consolidar o funcionamento de servizos de atención integral de información e asesoramento ás mulleres no territorio, co fin de prestarlles unha atención e acompañamento de proximidade, psicolóxico, xurídico e de orientación sociolaboral ás mulleres, en particular a aquelas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión ou se atopen nalgunha situación de vulnerabilidade, de cara a mellorar a súa situación social, laboral e profesional:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B).
b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (SI435A).
c) Programa de apoio aos centros de información á muller, CIM (SI427B).
d) Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (SI435C).

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de marzo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI435A, SI435B, SI427B e SI435C
Máis información en http://igualdade.xunta.es e no DOG do 8 de febreiro de 2019.