XII Certame de Poesía Concello de Mugardos

08 Feb 2019

O Concello de Mugardos convoca o XII Certame de Poesía “Concello de Mugardos” 21 de marzo - Día da Poesía

Establécense tres categorías:
- ata 12 anos
- de 13 a 17 anos
- iguais ou maiores de 18 anos.

Cada concursante poderá presentar unha única poesía, que se axustará ás seguintes normas:
- O tema e libre.
- As poesías estarán escritas en galego, en formato DIN A4 por unha cara (extensión máxima), a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezada polo título.
- As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.

Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a, a categoria na que concursa e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.

O prazo de entrega das poesías estará aberto ata o 28 de febreiro.

Enviaranse mediante correo certificado ao seguinte enderezo:

IX CERTAME DE POESÍA CONCELLO DE MUGARDOS
Concellaría de Cultura do Concello de Mugardos
Avda. de Galicia 45
15620 Mugardos
A Coruña

O premio consistirá nun bono para mercar libros:
100€, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos
60€, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive
40€, para a categoría de ata 12 anos, inclusive

Máis información na OMIX de Mugardos, teléfono 981 470 338 e en http://www.concellodemugardos.gal/noticias/2019/01/23/xii-certame-poes-concello-mugardos-2019