Cada ano, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ofrece prácticas pagas dunha duración máxima de cinco meses. As prácticas realízanse xeralmente na Dirección de Investigación e Documentación, no Servizo de Prensa e Información, na Dirección Xeral de Tradución ou na Dirección de Interpretación.
Requisitos:
- Ser cidadáns dun Estado membro da UE.
- Ter un título universitario en Dereito ou Ciencias Políticas ou, para as prácticas na Dirección de Interpretación, ter título de interpretación de conferencias, se é necesario complementado cun título de posgrao ou experiencia profesional equivalente.
- Ter un coñecemento perfecto dun dos idiomas oficiais da UE, e un bo coñecemento dun segundo idioma. Con todo, un bo dominio de francés é moi recomendable.
As prácticas de interpretación duran de 10 a 12 semanas e están dirixidas a intérpretes de conferencias recentemente titulados, cuxa combinación de idiomas é de interese para a Dirección de Interpretación.
Os alumnos teñen a posibilidade de perfeccionar as súas habilidades de interpretación, en particular na interpretación legal, a través da preparación de expedientes, a investigación terminolóxica e os exercicios prácticos.
A contía da bolsa é de 1.177€ netos ao mes e 150 € como contribución aos gastos de viaxe.
Hai dous períodos de prácticas:
•Do 1 de marzo ao 31 de xullo (as solicitudes presentaranse entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de cada ano).
•Do 16 de setembro ao 15 de febreiro (as solicitudes presentaranse entre o 1 de febreiro e o 15 de abril de cada ano).
Máis información: https://curia.europa.eu/jcms/jcms/Jo2_7008