Prácticas no Consello da UE

06 Feb 2019

Cada ano, a Secretaría Xeral do Consello ofrece prácticas remuneradas e non remuneradas. Os participantes son destinados a un departamento e traballan como parte do equipo ao que están asignados. As tarefas dos participantes inclúen asistir a reunións, redactar actas e levar a cabo traballos preparatorios ou investigacións sobre un tema en particular.

- Prácticas remuneradas: cada ano, ofrécese unhas 100 prazas de prácticas remuneradas de 5 meses.
  Prazo límite para solicitar: 15 de marzo de 2019 para o segundo período de prácticas (1 de setembro de 2019 - 31 de xaneiro de 2020).

- Prácticas non remuneradas: ofrécense a estudantes de terceiro, cuarto ou quinto ano que deben completar un período de capacitación obrigatoria como parte dos seus estudos.
  Prazo límite para solicitar: 1 de abril de 2019 (para o período 1 de setembro - 31 de xaneiro).

Máis información:
http://www.eurodesk.es/program/practicas-en-el-consejo-de-la-ue