RUTA CXL “O Carballo de Vilar de Franco”

06 Feb 2019

A OMIX de Cambre organiza a ruta “O Carballo de Vilar de Franco”

DATA DE ACTIVIDADE:  sábado, 23 de febreiro de 2019.
LUGAR: Carballo (A Coruña)
DESTINATARIOS: veciños/as de Cambre en xeral, menores de 14 anos acompañados. Terán prioridade a mocidade empadroada de 14 a 30/35 anos.
SOLICITUDES: ata o 12 de febreiro ás 14h. Nos rexistros municipais. Se a presentas noutra administación debes enviar unha copia por correo electrónico. Despois de enviar dita comunicación chama por teléfono para comprobar a súa recepción. ATENCIÓN: debes acreditalo desconto que solicites presentando o documento orixinal.
INSCRICIÓN: Presta moita atención a estas datas. Pregunta se tes dúbidas;
Exposición de listado das solicitudes admitidas o mércores 13 de febreiro;
sorteo das prazas: o xoves 14 de febreiro as 12h na OMIX
podes renunciar á tua praza ata o venres 15 de febreiro ás 14 horas; se nón, a actividade cobraráse igualmente. A renuncia pódese facer por escrito, a través do correo electrónico (actividades.omix@cambre.org) ou ben en persoa, na OMIX ou na Casa da Xuventude (O Temple).
PRAZAS RUTA: 50
DISTANCIA E DIFICULTADE DA RUTA: 15,8 km, dificultade media
ITINERARIO: Gontade – Vilar de Francos (Carballo)
CAMIÑOS: pistas forestais, pistas asfaltadas. Sendeiros e cortalumes. Non representa ningún tipo de dificultade, salvo algún tramo con vexetación no camiño.
CAMIÑANDO POLAS TERRAS DO MARQUÉS: O Carballo do Pazo de Vilar de Francos está dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia, sendo un dos poucos exemplares que vai resistindo o embite do tempo na zona da Costa da Morte.
Estímase que o exemplar conta con algo máis de cincocentros anos de idade e moita historia e tradicións ás súas costas.
Impón en calquera caso, mesmo nestes días está sen follas. E atrae aos que quere casar. Os seus ocos (ten seis, en distintos puntos do tronco) conservan as pedras que lanzan os casamenteiros.
Encestar é agoiro de voda, conta a tradición. Da a impresión de que nalgunha desas oquedades hai menos pedras que antes. Regularmente limpábase, e vese que se mantén a tarefa. Pero non en todos. Xa só por esta lenda vale a pena visitalo, ademais das outras (posiblemente ningunha árbore de Galicia ten tantas).
Na actualidade segue sendo impoñente, pero pésalle o tempo. Os temporais, as podas e a vellez leváronse por diante moitas polas, e o seu aspecto deteriorouse ata estar espido, sobre todo por un dos seus lados. Naquel momento e seu dono era José Antonio Quiroga, o marqués de Atalaia, dono do pazo, a propiedade en conxunto foi vendida é empresa hosteleira da Penela.

Mais Info:
Casa da Xuventude de Cambre, teléfono 981 650 269. pixtemple@cambre.org
OMIX de Cambre, teléfono 981 613 170. infoxuvenil@cambre.org ou omix@cambre.org

http://www.cambre.es/taboleiro-oficial/ruta-cxl-o-carballo-de-vilar-de-franco/