English Conversation Club en Cambre

06 Feb 2019

Tes entre 16 e 30 anos e gustaríache ter a oportunidade de practicar e mellorar o teu inglés: Falando, xogando, rindo e coñecendo persoas nativas?

Pois achégate ao English Conversation Club, dirixido por dous mozos voluntarios de Estados Unidos.

Todos os luns de 19 a 20 h na Casa da Xuventude (Palmeiras) do Temple (Cambre). É unha actividade gratuita e non e necesaria a inscrición previa.

Mais Info:
Casa da Xuventude de Cambre, teléfono 981 650 269. pixtemple@cambre.org
OMIX de Cambre, teléfono 981 613 170. infoxuvenil@cambre.org ou omix@cambre.org