O IES de Brión gaña con Sara Picos o concurso Juvenes Translatores

05 Feb 2019

Sara Picos Gómez, alumna do IES de Brión, é unha das 28 persoas gañadoras de toda Europa do concurso  Juvenes Translatores que convoca a Comisión Europea e ao que se presentaron este ano 3.252 persoas de 751 centros escolares da UE.
A moza foi seleccionada entre o alumnado de secundaria de 17 anos de toda España grazas ao traballo que presentou baixo a temática do Ano Europeo do Patrimonio Cultural e para o que elixiu unha tradución dun texto do inglés ao español.

Sara Picos viaxará a Bruxelas para recoller o galardón e reunirse con tradutores profesionais da administración comunitaria.

Traballo co que gañou o concurso: https://ec.europa.eu/info/sites/info/files/es_translation_scan_school_114_student_2006.pdf

Parabéns!!