TransformArte

04 Feb 2019

A Fundación Caixa Rioxa convoca o XI Certame Transformarte Fundación Caja Rioja, no que poderán participar todos os artistas españois ou residentes en España, sen límites de idade.

Cada artista poderá presentar ao certame un máximo de dúas obras, orixinais e inéditas, non presentadas a outros premios ou concursos nin incluídas en catálogos ou publicacións nin difundidas por calquera medio, as cales non poderán ir asinadas.

O tema e a técnica serán libres e admitiranse todas as tendencias e correntes. As obras presentaranse en formato  tridimensional, o tamaño das obras non excederá os 200 centímetros de alto. A obra deberá estar realizada con materiais reciclados.

Os traballos deberán presentarse baixo pseudónimo, en formato dixital, vía telemática e enviaranse á dirección de correo ccarnedo@fundacion-cajarioja.es, que será xestionada exclusivamente pola persoa responsable da secretaría do concurso que non formará parte do Xurado e encargarase de recompilar todas as propostas recibidas eliminando as referencias ao seu autor.

Requisitos
Artistas españois ou residentes en España, sen límites de idade.

Dotación
Establécese un primeiro premio dotado con 900 euros e un segundo premio dotado con 500 euros.

Prazo: ata o 23 de febreiro de 2019

http://fundacion-cajarioja.es/certamenes/