O "revenge porn", unha forma de ciberviolencia de xénero

04 Feb 2019

A publicación na internet non consentida de imaxes íntimas coa única finalidade de facer dano supón unha forma de violencia machista exercida por homes contra as súas parellas ou exparellas.

Trátase dunha práctica moi estendida que afecta tamén a mulleres adolescentes e a mozas de cada vez menor idade. As vítimas deste delito sofren unha violación de dereitos tan vulnerables como a imaxe e a intimidade.

Por iso, con motivo da celebración do Día Europeo da Protección de Datos e a Privacidade, o Concello de Las Palmas de Gran Canaria,  Injuve, Twitter e Pantallas Amigas uniron forzas para deseñar unha campaña que se presenta como berro de repulsa contra a violencia de xénero na contorna dixital. A campaña componse dun vídeo de sensibilización animado de seis minutos de duración que se acompaña de dúas imaxes que sintetizan dúas claras mensaxes:
- “Que consentise que vos gravedes, non che dá dereito a compartir nunca esas imaxes, aínda que ti tamén as protagonices”.
- “Difundir imaxes íntimas da túa noiva ou ex sen o seu consentimento é unha forma de violencia de xénero e un delito moi grave”.

O material exposto para este proxecto realizouse tanto en castelán como en inglés para chegar ao maior público posible. Ademais, existe unha versión reducida do capítulo animado que permite a súa mellor adecuación ás diversas plataformas de difusión na internet.

A campaña pódese visitar nesta ligazón: www.respetoimagenesintimas.com