Exames de carnés profesionais e das habilitacións profesionais

04 Feb 2019

A Consellería de Educación convoca exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais nas seguintes especialidades:

Carnés profesionais:
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Habilitacións profesionais:
- Operador/a industrial de caldeiras.
– Instalador/a de gas, categoría A.
– Instalador/a de gas, categoría B.
– Instalador/a de gas, categoría C.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

Prazo de presentación de solicitudes
1. Para a primeira convocatoria, será desde o día 18 de febreiro ao día 1 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
2. Para a segunda convocatoria, será desde o día 1 ao día 12 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.

A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento ED527A
Máis información no DOG do 4 de febreiro de 2018