7ª edición de Participa Méliès

01 Feb 2019

Chega a 7ª edición de Participa  Méliès

Que é Participa  Méliès
É un concurso de vídeo aberto a todos os públicos. Podes participar co teu centro educativo ou de forma particular ata as 16 horas do 15 de maio de 2019.

Concursar é moi fácil! Só necesitas unha historia que poidas contar en tres minutos, unha cámara ou dispositivo de vídeo para gravar un curto no que tes que utilizar polo menos un dos tres trucaxes de  Georges  Méliès, e moita imaxinación.

O xurado premiará ante todo o enxeño. Hai diferentes premios, e ademais os vídeos gañadores proxectaranse na exposición Empeza o espectáculo. Georges  Méliès e o cinema de 1900, e nos CaixaForum.

Inspírate
O universo máxico de  Méliès pode ser un punto de partida para deixar voar a túa imaxinación.
Facilitanche unha serie de recursos que che axudarán a traballar a idea e a levar a cabo o curto.

Grava o teu vídeo
Podes gravar o teu curto cunha cámara dixital, un móbil, unha  tableta…
O vídeo non debe superar os 3 minutos, ten que ser mudo e debe incorporar polo menos un dos tres trucaxes de  Méliès que che explicamos a continuación.

Sobe o teu vídeo
Sobe o teu curto coa mellor calidade posible á túa canle en  YouTube,  Vimeo ou  Dailymotion.
Logo, enche o formulario que atoparás na sección “Sobe o teu vídeo”

Móveo nas redes
Unha vez subas o vídeo, validarase antes de publicalo.
En canto se publique poderás compartilo cos teus amigos e buscar a maior difusión posible para conseguir votos e optar ao Premio do Público

Premios
O mellor vídeo da 7ª Edición conseguirá unha cámara dixital para profesionais,  Blackmagic  URSA  MINI 4 K
Ademais, inclúe unha licenza do programa de edición  DaVinci  Resolve 14  Studio
Ademais,  o gañador poderá gozar de dous meses de subscrición gratis a  Filmin

https://www.participamelies.com/el-concurso/bases-del-concurso/

Quen é George Méliès?: https://es.wikipedia.org/wiki/Georges_M%C3%A9li%C3%A8s