Proxecto de Emprendemento en Economía Social en Ourense

31 Xan 2019

CIMO pon en marcha un novo proxecto de emprendemento no ámbito social, que se desenvolve na provincia de Ourense, e que está organizado por REDE ARAÑA entidade polo emprego, e CEPES (Confederación Empresarial Española da Economía Social) a nivel nacional, e financiado con fondos europeos polo FSE (Fondo Social Europeo).


Proxecto Yoemprendo
Obxectivo: conseguir a creación de novas entidades de Economía Social: cooperativas, sociedades laborais e asociacións con actividade económica).
Destinatarios: Persoas traballadoras ou que se atopen en situación de desemprego (acreditado mediante vida laboral, contrato ou tarxeta de demandante de emprego). Polo que o proxecto está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en emprender neste ámbito.

Accións e servizos ofertados:
Asesoramento personalizado, Mentoring
Asesoramento grupal sobre emprendimineto e economía social
Información sobre axudas á financiamento

Prazo de inscrición: Ata o 30 de marzo de 2019

PREZO: Gratuíto

Infórmación no teléfono 988 39 15 15 ou na web www.yoemprendoeneconomiasocial.com

Folleto informativo