Cooperativismo no ensino 2019

31 Xan 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca o certame Cooperativismo no ensino dirixido aos centros educativos de Galicia.

O certame Cooperativismo no ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Modalidades:
a) Actividades artísticas tales como debuxos, pinturas, maquetas, fotografías e/ou vídeos dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.
  Categoría A: alumnado de 2º ciclo de educación infantil.
  Categoría B: alumnado de 1º e 2º de educación primaria.
  Categoría C: alumnado de 3º e 4º de educación primaria.
  Categoría D: alumnado de 5º e 6º de educación primaria.
b) Actividades cooperativizadas dirixidas ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.
c) Proxectos empresariais cooperativos dirixidos ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

En cada traballo deberán participar, como mínimo, tres alumnos ou alumnas.

Premios:
Os traballos presentados á modalidade de actividades artísticas:
Un premio ao mellor traballo de cada categoría: os centros de ensino premiados en cada categoría recibirán a cantidade de 2.500 euros destinados á adquisición de material didáctico, audiovisual, informático ou deportivo, así como á celebración dunha actividade formativa, cultural ou deportiva dirixida ao alumnado do centro.
Un accésit por cada categoría: os centros de ensino premiados en cada categoría recibirán a cantidade de 1.500 euros destinados á adquisición de material didáctico, audiovisual, informático ou deportivo, así como á celebración dunha actividade formativa, cultural ou deportiva dirixida ao alumnado do centro.

Os traballos presentados á modalidade de proxectos empresariais cooperativos:
- Un premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo de 4.500 euros, que se repartirá entre o alumnado que elaborou o proxecto premiado.
- Un accésit de 3.500 euros, que se repartirá entre o alumnado que elaborou o proxecto finalista.

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o día 30 de abril de 2019.
As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.es/ no procedemento TR802O
Máis información no DOG do 31 de xaneiro de 2019