Mathex

30 Xan 2019

Un equipo de docentes do Departamento de Matemáticas da USC, coa colaboración de profesorado de educación secundaria, acaba de pór en rede a versión de proba, en castelán, do xogo gratuíto MatHex (https://mathex.games), que ten como obxectivo achegar a ciencia a todo tipo de público, combinando estratexia e coñecementos.

A base do videoxogo é un taboleiro formado por hexágonos inspirado no clásico xogo de mesa HEX creado polos matemáticos John  Nash e  Piet  Hein, que se presenta combinado con preguntas relacionadas con esa disciplina dende moitas ópticas, que pasan pola resolución de problemas ata preguntas sobre historia, cunha parte moi destacada dedicada ás mulleres matemáticas.

O obxectivo do xogo é completar un camiño de baldosas que conecten co lado oposto do taboleiro. Para ‘conquistar’ cada baldosa haberá que responder correctamente a pregunta no tempo permitido; en caso contrario non se avanzará. Gañará quen consiga que o seu avatar sexa o primeiro en completar o camiño entre os dous lados.

https://mathex.games/