Se es orixinal, es de libro

29 Xan 2019

O Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) convoca o concurso "Se es orixinal, es de libro"

Este concurso propón a elaboración de traballos de investigación orixinais, realizados por estudantes de ESO, bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio de Formación Profesional, sobre un tema do seu interese: música, ciencia, literatura, arte, natureza, historia, cinema, deportes, filosofía e pensamento, tecnoloxías, matemáticas...

Os traballos poderanse presentar a concurso en todas as linguas oficiais de España e presentaranse unicamente en formato dixital en liña. Para iso os autores publicarán o seu traballo nalgunha plataforma da súa elección (web ou blogue propio en Blogger, Wordpress, Blogia, Blogspot… Plataformas de publicación en liña, en distintos formatos: Scribd, Paper.li, Flickr, Prezi, VoiceThread, Youtube, Tumblr...) e comunicarán aos organizadores do concurso a dirección URL na que está aloxado.

Establécense tres categorías de premios:
- 1º e 2º de ESO.
- 3º e 4º de ESO.
- Bacharelato / ciclos formativos de grao medio.

En cada unha destas categorías premiarase a mellor investigación de Ciencias e a mellor investigación de Humanidades.

Dotación
- Para cada un dos alumnos gañadores: Un cheque regalo de 60 euros para a compra de libros do Grupo  SM. Unha  tableta dixital. Un exemplar do Dicionario da lingua española (Real Academia Española)
- Para cada un dos profesores que coordinasen as investigacións gañadoras: Un cheque regalo de 100 euros para a compra de libros do Grupo  SM. Unha  tableta dixital. Un exemplar do Dicionario da lingua española (Real Academia Española).
- Para centros: Un cheque regalo de 300 euros para a compra de libros do Grupo  SM para a biblioteca escolar dos centros gañadores. Un exemplar do Dicionario da lingua española (Real Academia Española).

Prazo: 29 de marzo de 2019

Máis Información: concurso@esdelibro.es.
www.esdelibro.es