Buscamos 20 voluntarios/as para participar nun Encontro de Correspondentes Xuvenís de toda España, que se desenvolverá en Gandarío do 5 ao 7 de abril.
Requisitos para participar:
- Ser Correspondente Xuvenil
- Estar en 2º, 3º, 4º da ESO ou 1º de Bacharelato
Cómo podedes participar?
Paso 1: organízadevos en grupos de dúas persoas.
Paso 2: realizade un vídeo que dure entre 1 e 3 minutos.
Paso 3: enviade o video a institutoxuventude.ctb@xunta.gal antes do 18 de febreiro
Paso 4: esperade a resolución do xurado. Elixiranse 10 videos. Sede creativos, orixinais e cuidade a calidade da imaxe e do son.
10 videos x 2 persoas= 20 participantes
O tema do video: amosar e difundir a nosa comunidade autónoma, os seus atractivos, lugares ou puntos de interese, enfocando o proxecto cara a mobilidade xuvenil en Galicia a través dos albergues xuvenís da REAJ existentes como opción de aloxamento.
O Albergue Xuvenil de Gandarío pertence a REAJ "Red Española de Albergues Juveniles" https://reaj.com/
Máis información: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/15861-encontro-de-correspondentes-xuvenis-de-toda-espana