Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo na EGAP

25 Xan 2019

A Escola Galega de Administración Pública, EGAP convoca unha Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

Requisitos:
Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditada a titulación de licenciatura ou grao en economía.
Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.

O importe de cada bolsa será de 1.100 € mensuais.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR770F
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de febreiro de 2019

Máis información en https://egap.xunta.gal e no DOG do 25 de xaneiro de 2019