Axudas para montar o teu propio negocio ou para contratar persoal

25 Xan 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca subvencións para a promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Establécense os seguintes programas de axudas:
a) Programa I. Promoción do emprego autónomo (procedemento TR341D): axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.
b) Programa II. Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (procedemento TR349F). Serán subvencionables as contratacións indefinidas que se formalicen desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019.

Os dous procedementos deben tramitarse en https://sede.xunta.gal cos códigos TR341D e TR349F.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2019.
As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse ata o 25 de marzo de 2019.

Máis información no DOG do 25 de xaneiro de 2019
http://emprego.ceei.xunta.gal/axudas-e-subvencions