Programas de axudas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

25 Xan 2019

A Secretaría Xeral da Igualdade convcoa axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro rexistradas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), para o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de febreiro de 2019
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI427A
Máis información no DOG do 25 de xaneiro de 2019 e en http://igualdade.xunta.gal