Probas para a o título da ESO para maiores de 18 anos

24 Xan 2019

A Consellería de Educación convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos, nas convocatorias de maio e setembro.

Requisitos:
Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2018/19 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

O alumnado matriculado durante o curso 2018/19 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
- Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
- Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre, ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

Os prazos de matrícula serán:
Convocatoria de maio: 11 de marzo ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.

Lugares de inscrición:
a) A Coruña:  Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15011 A Coruña.
b) Ferrol:  Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
c) Santiago de Compostela:
- Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
- Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
d) Carballo:  IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.
e) Lugo:  Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
f) Ourense:  Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
g) Pontevedra:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.
h) Vigo:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.
i) O Porriño:  IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.
j) Tui:  IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.
k) Vilagarcía de Arousa:  IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.

Realización das probas
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 24 de maio e 6 de setembro para as respectivas convocatorias.
 
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED540A
Máis información no DOG do 24 de xaneiro de 2019 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/42