Galiciencia 2019. Atrévete cos bos hábitos

23 Xan 2019

O concurso organízase con motivo da celebración da Galiciencia 2019 con temática Saúde e bos hábitos, polo que, as diferentes probas a superar estarán relacionadas co noso comportamento e as súas implicacións na saúde.

O concurso constará de dúas fases:
1ª Fase non presencial: constará de 3 desafíos a realizar a distancia que se enviarán por correo electrónico a atrevete@galiciencia.com para a súa valoración. Tedes que mandar os tres desafíos dentro do prazo establecido, xa que non é un concurso con eliminación. Só se valorarán os grupos que manden os tres vídeos.

2ª Fase presencial: constará dun desafío final que terá lugar o venres 10 de maio de 11:00h a 12:00h durante a Galiciencia e na que participarán os 3 grupos mellor puntuados de cada categoría na primeira fase.

PARTICIPANTES
O concurso está aberto a todos os estudantes de entre 10 e 18 anos, establecéndose tres categorías:
Categoría A (4º, 5º e 6º de EP)
Categoría B (1º, 2º e 3º da ESO)
Categoría C (4º da ESO e Bacharelato)
Os estudantes participarán en grupos de 3 alumnos/as por grupo, non sendo posible facelo individualmente.

CONDICIÓNS E FORMATOS
As condicións e formatos de cada proba faranse públicos na web da Galiciencia www.galiciencia.com no momento da liberación dos desafíos.

PRESENTACIÓN DOS DESAFÍOS
Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán enviar un e-mail a atrevete@galiciencia.com coa resolución do desafío 1 proposto e os seguintes datos:
Nome do grupo
Nome e apelidos dos integrantes
Curso
Nome e e-mail do centro ao que pertencen
Nome, e-mail e teléfono do docente/titor/a do grupo
O envío do Desafío 1 dentro do prazo establecido, fai efectiva a inscrición no concurso. Recibiredes un correo confirmando a recepción da inscrición. NON recibiredes unha nota de valoración ata enviar os tres desafíos.

Enviaranse, tanto o Desafío 1 (inscrición) como o resto, por correo ao seguinte enderezo: atrevete@galiciencia.com

O nome do grupo será o identificativo de cada grupo participante, aparecendo este no Asunto dos correos enviados.

RESOLUCIÓN
A resolución do xurado en relación á primeira fase, farase pública nun prazo máximo dun mes, unha vez rematado o prazo límite do último desafío.

A resolución do xurado en relación á segunda fase, farase pública o día 10 de maio de 2019 durante a entrega de diplomas da Galiciencia.

PREMIO
Os grupos finalistas da primeira fase, e por tanto, participantes na fase final, recibirán un obsequio pola súa participación.
Os grupos gañadores do desafío final recibirán un diploma e un premio.

DATAS:
Desafío 1:  21 de xaneiro - 15 de febreiro
Desafío 2:  18 de febreiro - 15 de marzo
Desafío 3:  18 de marzo - 12 de abril

https://atrevetecosboshabitos.galiciencia.com/