Bolsa para o Máster Europeo en Lexicografía

21 Xan 2019

Erasmus  Mundus (EMLex) convoca bolsas para realizar o Máster Europeo en Lexicografía o próximo curso académico 2019-2020.
Son un total de 15 bolsas para cursar estes estudos nunha universidade durante dous anos, tendo que pasar un semestre no exterior.

Entre as universidades participantes:  Université de  Lorraine,  Universidade  do  Minho,  Universidade de Santiago de Compostela,  Universita degli Studi Roma Tre ou Károli  Gáspár Református  Egyetem (Budapest), entre outras.

As bolsas pódense solicitar ata o día 1 de marzo de 2019 e están dotadas coa cantidade de 1.000 euros ao mes durante toda a duración do programa de formación, percibíndose durante un máximo 24 meses.

Os bolseiros tamén poden recibir unha contribución polos gastos de viaxe e instalación. Desta maneira, os bolseiros residentes nun país deste programa recibirán a cantidade de 1.000 euros por ano para os gastos de viaxe, mentres que os bolseiros residentes nun país socio e cunha localización de menos de 4.000 quilómetros da institución coordinadora percibirán a cantidade de 2.000 euros por ano para gastos de viaxe máis 1.000 euros en concepto de gastos de instalación.

Pola súa banda, os bolseiros residentes nun país socio cunha localización de 4.000 quilómetros ou máis da institución coordinadora obterán a cantidade de 3.000 euros por ano para gastos de viaxe máis 1.000 euros para afrontar os custos de instalación. Ademais, a bolsa inclúe outros posibles custos que se produzan durante os estudos como a taxa de matrícula, seguro de saúde ou eventos culturais, entre outros.

https://www.emlex.phil.fau.eu/erasmus-mundus/information-for-students/