Axudas económicas a galegos residentes no exterior

21 Xan 2019

A Secretaría Xeral da Emigración convoca un programa de axudas económicas individuais e de carácter social, dirixido aos emigrantes de orixe galega que posúan a nacionalidade española e a determinados familiares, residentes no estranxeiro, que se encontren en situación de precariedade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir necesidades básicas de subsistencia e a atención sociosanitaria.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2019
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR925A
Máis información no DOG do 21 de xaneiro de 2019 e en http://emigracion.xunta.es