I Certame de Creación Artistas Emerxentes

09 Xan 2019

A Universidade Loyola Andalucía, a través do seu Servizo de Actividades Culturais, convoca o I Certame de Creación Artistas Emerxentes, co obxectivo de estimular e fomentar a creación contemporánea entre novos artistas nas variantes de pintura, escultura e creación visual (videoarte e fotografía).

As categorías a concurso son pintura, escultura e creación visual (creación en vídeo, videoarte e fotografía). As obras presentadas deberán ter un marcado acento contemporáneo e explorar a realidade a través de conceptos como as fronteiras, a xustiza social, os límites humanos e calquera problemática actual que incidan na sociedade actual.

Permitirase presentar unha obra por autor, de temática libre, realizada con técnica libre e materiais e soportes estables e non  degradables. En calquera caso, deberán ser obras orixinais que non fosen premiadas noutros concursos.

O prazo de envío de dossiers de obras esténdese ata o 20 de febreiro de 2019.

Requisitos
Poderán participar artistas e creadores visuais menores de 35 anos que residan no territorio nacional.

Dotación
- Gran Premio Reitor da Universidade Loyola Andalucía a mellor obra de todas as presentadas, independentemente da categoría. Dotado con 1.200 euros.
- Premio de Pintura. Dotado con 600 euros.
- Premio de Escultura. Dotado con 600 euros.
- Premio de Artes Visuais. Dotado con 600 euros.

Máis información: www.creacionjovenloyola.com