Obradoiro de formación cooperativa para persoas que queren emprender

07 Xan 2019

OBRADOIRO DE FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

EspazoCoop, Unión de Cooperativas Galegas, ten previsto iniciar o ano 2019 con obradoiros formativos en modalidade presencial, os mesmos abordarán diversos contidos relacionados co cooperativismo e as empresas cooperativas.

Estas actividades están dentro da Programación da Rede Eusumo e teñen carácter gratuíto.

Concretamente, a última semana do mes de Xaneiro de 2019 impártese unha acción formativa na localidade de Vigo cunha duración de 20 horas que se realiza en colaboración coa Universidade de Vigo e ECOBAS.

Datas de realización: do 29 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2019
Duración: 20 horas
Lugar de celebración: UVIGO - F.CC.Económicas e empresariais (Seminario C) – Campus As Lagoas,Marcosende, Vigo.

Dirixido a persoas desempregadas e aquelas, que estando en activo, queiran traballar de forma cooperativa.
Grupo mínimo: 12 persoas
Grupo máximo: 20 persoas

Obxectivos:
- Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula
do autoemprego cooperativo.
- Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e as súas achegas sociais e económicas.
- Coñecer unha experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Contidos:
1º sesión.- Presentación de Espazocoop e da Rede Eusumo. O emprendemento fronte a outras formas de
emprego. O emprendemento colectivo e en cooperativa: Condicións básicas. Perfil da persoa emprendedora.
As cooperativas fronte a outros tipos de empresas.
2º sesión.- Principios e valores do cooperativismo. Tipos de Cooperativas. As cooperativas de traballo
asociado. Aspectos propios das cooperativas de traballo asociado.
3º sesión.- A organización nas sociedades cooperativas. O réxime económico e fiscal nas cooperativas. A
viabilidade económica e societaria. Proceso de constitución.
4º sesión.- Experiencia cooperativa.

Formulario de inscrición aqui

Consulta o programa aquí

Máis información: https://espazo.coop/es/categoria/recursos-coop/formacion-coop/
Teléfono de contacto: 986 866 149