Programa "Vulcanus en Xapón"

01 Dec 2022

O programa "Vulcanus en Xapón" foi creado en 1997 polo Centro para a cooperación industrial UE-Xapón e ofrece prácticas profesionais a estudantes da UE que consisten nun seminario dunha semana en Xapón, un curso intensivo de xaponés de catro meses e unhas prácticas nunha empresa xaponesa durante oito meses.

Podes solicitalo?
Para poder solicitalo debes ser cidadán dun país da UE e estudante universitario a partir do terceiro ano de enxeñería ou ciencias nunha universidade da UE: informática, enxeñería, enxeñería mecánica, química, electrónica, biotecnoloxía, enxeñería eléctrica, física, telecomunicacións, información, enxeñería nuclear, enxeñería civil, materiais metálicos, cerámica, sistemas de produción, etc.

O programa empeza en setembro e termina en agosto do ano seguinte. Ten por obxectivo mellorar e fomentar a cooperación industrial e a comprensión mutua entre Xapón e a UE. Ten en conta que se tes a obrigación de facer un ano de prácticas, o programa  Vulcanus pode estar recoñecido como parte do teu currículo universitario ou como un ano  sabático.

Como o solicitas?
Só tes que enviar a solicitude e esperar a que che seleccionen. Avaliaráseche en función das túas cualificacións académicas, as recomendacións dos teus profesores, os teus coñecementos de inglés, a túa motivación, a túa actitude con respecto ás relacións entre a UE e Xapón e a túa habilidade para adaptarche a unha cultura diferente.

Financiamento
O programa está financiado polo centro UE-Xapón para a Cooperación Industrial e as empresas xaponesas de acollida. Os estudantes reciben 2 millóns de ienes para cubrir a viaxe de ida e volta e os gastos de estancia. O curso de idiomas e o seminario son gratuítos e os estudantes tamén reciben aloxamento durante todo o período.

Prazo: son bolsas anuais e normalmente ábrese a convocatoria durante o mes de xaneiro. A convocatoria de 2023 estará aberta a ta o 23 de xaneiro.

https://www.eu-japan.eu/events/vulcanus-japan