Bolsas de formación da Fundación Galicia Europa

03 Xan 2019

A Fundación Galicia Europa convoca 6 bolsas de formación para realizar prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea, tanto na súa sede de Santiago como na sede de Bruxelas.

Bolsas:
a) Tres bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios dende unha perspectiva galega.
Unha delas desenvolveranse na oficina da Fundación Galicia Europa (en adiante FGE) en Santiago de Compostela e dúas na oficina de Bruxelas.

b) Dúas bolsas destinadas a persoas cun título universitario para á súa formación en comunicación das políticas comunitarias e da participación galega en asuntos europeos.
Unha delas desenvolveranse na oficina da FGE en Santiago de Compostela e a outra na oficina de Bruxelas.

c) Unha bolsa destinada a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo con destino na oficina de Bruxelas.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR770N
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2019

Máis información no DOG do 31 de decembro de 2018 e en http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/