Rede cultural para o ano 2019 da Deputación da Coruña

03 Xan 2019

A Rede Cultural da Deputación da Coruña está dirixida aos artistas que queran ser contratados e a Concellos ou asociacións que queran contratar espectáculos.
O obxecto da Rede Cultural é contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos concellos.

Convócanse os seguintes programas de difusión cultural:

Escena ao vivo! Programación de espectáculos profesionais de teatro, monicreques, danza e música para concellos.
Visións. Programación de cinema e contidos audiovisuais para concellos.
Alicerce. Programación de música, danza e teatro para grupos non profesionais.
Lingua a escena! Programa de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega, para concellos

Os artistas poderán facer a inscrición de espectáculos ata o 17 de xaneiro de 2019.
Os concellos e asociacións poderán solicitar actuacións dende o 27 de febreiro ata o 13 de marzo de 2019, as 14:00 h.

Máis información no BOP da Coruña do 3 de xaneiro de 2019 e en
https://www.dacoruna.gal/cultura/rede-cultural/?utm_source=MenuGlobal&utm_campaign=MenuCabecera&utm_medium=Web