Subvencións a empresas para accións formativas e contratacións

02 Xan 2019

A  Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca subvencións a empresas para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas (código de procedemento TR301P) e incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X).
Prazo: ata o 28 de xaneiro de 2019

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR301P e TR349X

Máis información no DOG do 27 de decembro de 2018 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/