Subvencións a veciños e a mulleres rurais

02 Xan 2019

A Dirección Xeral de Administración local convoca subvencións dentro do Plan específico de acción comunitaria destinada a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR487A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de febreiro de 2019.
Máis información no DOG do 2 de xaneiro de 2019 e en http://cpapx.xunta.gal
administracionlocal@xunta.gal