Fotciencia16

27 Dec 2018

FOTCIENCIA é unha iniciativa organizada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía ( FECYT) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) cuxo obxectivo é achegar a ciencia aos cidadáns mediante unha visión artística e estética suxerida a través de fotografías científicas, que son expostas xunto cunha descrición ou comentario escrito do feito científico que ilustran. É tamén obxectivo desta iniciativa promover entre a comunidade científica a importancia de divulgar o seu traballo ao conxunto da sociedade.

A participación está aberta a calquera persoa maior de idade que presente imaxes propias que non fosen seleccionadas en concursos ou procesos de selección similares, e que se inclúan na temática mencionada máis adiante.

Ademais, para fomentar a participación de alumnos/ as de educación secundaria e de formación profesional a través dos seus profesores/ as, estes poderán facelo na modalidade “A ciencia na aula”.

A temática das imaxes deberá ser a ciencia e a tecnoloxía. As imaxes deberán estar relacionadas coa investigación científica e as súas aplicacións tecnolóxicas e industriais, reflectindo o obxecto de estudo da actividade científica, as persoas que a realizan, a súa instrumentación e instalacións ou as tecnoloxías que resultan do avance científico.

O prazo de presentación das fotografías iniciarase o 17 de decembro de 2018 e concluirá o 8 de febreiro de 2019 ás 12:00 horas (hora peninsular española).

A presentación das imaxes e os seus correspondentes textos realizaranse a través dun formulario dispoñible na páxina web www.fotciencia.es.


Máis información: www.fotciencia.es

Normas Fotciencia.