Praza de oficial de segunda de servizos municipais do concello de Mugardos

26 Dec 2018

Praza de oficial de segunda de servizos municipais do concello de Mugardos

O concello de Mugardos anuncia a convocatoria para a provisión dunha praza de oficial de segunda de servizos municipais.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 221, do día 20 de novembro de 2018, publicáronse a bases reguladoras do proceso selectivo, mediante concurso-oposición libre, para a provisión dunha praza de oficial de segunda de servizos municipais, pertencente ao grupo laboral IV, persoal laboral fixo, incluída na oferta de emprego público de 2017.

As instancias en que se solicita tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no Rexistro Xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Máis información:  DOG Núm. 245Mércores, 26 de decembro de 2018