Bases das Bolsas de formación da Fundación Galicia Europa

20 Dec 2018

A Fundación Galicia Europa publica as bases para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para realizar prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea, tanto na súa sede de Santiago como na sede de Bruxelas.

Bolsas:
Bolsas de formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega.
Bolsas de formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos.
Bolsas de prácticas de secretariado e apoio administrativo, con destino na oficina da FGE en Bruxelas.

Requisitos:
1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
2. Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar, mediante empadroamento, residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria.
3. Posuír o título académico necesario ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición. Os estudos conducentes a obtención do título deberán terse rematado dentro dos seis anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
a) Para as bolsas de formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega é necesario posuír un título universitario de grao, licenciado/a, enxeñeiro/a ou equivalente.
b) Para as bolsas de formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos, é necesario posuír un grao ou licenciatura en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
c) Para as bolsas de prácticas de secretariado e apoio administrativo é necesario posuír un título de técnico superior de formación profesional na familia profesional de Administración e Xestión (Administración e Finanzas, Asistencia a Dirección ou Secretariado).

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR770N
O prazo de presentación de solicitudes abrirase cando se publique a convocatoria no DOG

Bases: DOG do 20 de decembro de 2018
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/