Subvención no eido de Xuventude do Concello de Lugo

04 Dec 2018

O Concello de Lugo convoca subvencións para as asociacións culturais e persoas xurídico privadas sen ánimo de lucro, que desenvolvan a súa actividade no eido da xuventude no concello.
Requisitos:
Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a xuventude.
Desenvolver actividades e/ou programas que complementen a programación de animación de xuventude.
Desenvolver actividades que complementen a difusión e recuperación histórica da cidade de Lugo.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de decembro de 2018
Máis información no BOP de Lugo do 4 de decembro de 2018