Bolsas de "La Caixa"

03 Dec 2018

A Obra Social "La Caixa" convoca bolsas de posgrao en Europa, en América do Norte e a zona de Asia-Pacífico, e bolsas de doutoramento e posdoctorado en España e Portugal.

- Bolsas de Doutoramento INPhINIT Incoming. 35 bolsas de doutoramento para mocidade investigadora de todas as nacionalidades, para a realización de estudos de doutoramento nos centros españois acreditados cos distintivos Severo Ochoa ou María de Maeztu, Institutos de Investigación Sanitaria Carlos III ou unidades portuguesas cualificadas como “excelentes” ou “excepcionais” pola  Fundação para a  Ciência e a  Tecnologia. Esta modalidade céntrase exclusivamente nas disciplinas STEM: ciencias da vida e a saúde, ciencias experimentais, física, química e matemáticas.  Solicitudes: ata o 6 de febreiro de 2019.

- Bolsas de Doutoramento INPhINIT Retaining. 30 bolsas de doutoramento para  jovénes investigadores de todas as nacionalidades para levar a cabo estudos de doutoramento en calquera disciplina e en calquera universidade ou centro de investigación de España ou Portugal.  Solicitudes: ata o 27 de febreiro de 2019.

- Bolsas Posgrao en Europa. 75 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de ensino superior de países do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), salvo España.  Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos  predoctorales de investigación científica e técnica.  Solicitudes: ata o 31 de xaneiro de 2019.

- Bolsas Posgrao en América do Norte e Asia-Pacífico. 45 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades de América do Norte (Estados Unidos ou Canadá) e en universidades da zona Asia-Pacífico (Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapura e China). Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos  predoctorales de investigación científica e técnica.  Solicitudes: ata o 20 de marzo de 2019.

 

https://obrasociallacaixa.org/es/investigacion-y-becas/programa-de-becas-de-posgrado/en-un-vistazo