Encontro sectorial no Espazo Xove de Ourense: “Cultura e ocio educativo como oportunidade de emprendemento”

03 Dec 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Ourense, o encontro sectorial “Cultura e ocio educativo como oportunidade de emprendemento”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido da cultura e o ocio educativo.

Contidos:
- Ofrecer unha ferramenta para que os mozos e mozas adquiran coñecementos que axuden ao seu desenvolvemento persoal e profesional.
- Promover o coñecemento e valorización de novas figuras profesionais e de emprendemento dentro do ocio e a cultura

Data: 5 de decembro de 2018
Horario: 11:00- 13:30 horas
Lugar:  Espazo Xove de Ourense – Espazo Emprende.
             Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27
             32004 Ourense

Programa
- Mesa redonda: “Emprendemento dende a participación na cultura e ocio educativo”. Ponentes: Manuel Araújo e Pablo castiñeiras.
- Scape Room Espazo Xove de Ourense. Facilitadores: correspondentes universitarios Ourense

Entrada libre para todos/as os interesados ata completar aforo.


Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega) o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.