Encontro sectorial no viveiro de empresas IES Armando Cotarelo Valledor: “Cultura Emprendedora”

03 Dec 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no viveiro de empresas do IES Armando Cotarelo Valledor, o encontro sectorial “CULTURA EMPRENDEDORA”, un encontro a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido do emprendemento.

OBXECTIVOS:
- Ofrecer ferramentas para que os mozos e mozas adquiran coñecementos que axuden ao seu desenvolvemento persoal e profesional.
- Promover o coñecemento e valorización de novas figuras profesionais como posible saídas profesionais da mocidade.
- Establecer unha dinámica de coñecemento e diálogo entre a mocidade e os axentes económicos do territorio, coa finalidade de impulsar novas oportunidades de colaboración e mentoring.

Data: 5 de decembro de  2018.
Horario: 10:30 – 12:00 horas.
Lugar:   Viveiro de empresas IES Armando Cotarelo Valledor.
              Rúa Armando Cotarelo Valledor, 4
              36611 Vilagarcía de Arousa
              Pontevedra

AFORO LIMITADO A 30 PARTICIPANTES
 
PROGRAMA
10:30 – 10:45 horas. Presentación.
10:45 – 11:15 horas. “Emprender nun viveiro”.
Alicia Rodríguez - responsable do viveiro de empresas do IES Armando Cotarelo Valledor.
Flor Bóveda - responsable do viveiro da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e  Vilagarcía de Arousa.
11:15 – 11:50 horas. Intervención emprendedores.
Cristina Janza - viveirista do IES Armando Cotarelo Valledor - fase de desenvolvemento da idea - empresa de servizos de streaming online.
Javier Casal - promotor empresa de base tecnolóxica Sense (Z).
11:50 - 12:00 horas. Preguntas.
12:00 horas. Fin da actividade.


Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.