Encontro sectorial no Espazo Xove de Vilagarcía: “Emprender apostando polo medio ambiente no sector marítimo pesqueiro. Obradoiro de carpintería de envases en polietileno de alta densidade”

29 Nov 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa, o encontro sectorial “Emprender apostando polo medio ambiente no sector marítimo pesqueiro”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades de emprendemento no sector marítimo pesqueiro

O encontro inclúe un obradoiro de carpintería de envases en polietileno de alta densidade (PEAD).

Obxectivos:
- Promover o emprendemento sostible.
- Dar a coñecer os novos usos do polietileno no sector marítimo pesqueiro.
- Promover a reciclaxe de envases no medio marino.
- Ofrecer ferramentas para que os mozos e mozas adquiran coñecementos que axuden ao seu desenvolvemento persoal e profesional.

Data:  19 de decembro de 2018
Horario:  10:00- 14:00 horas
Lugar:   Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa – Espazo Emprende.
              Rúa Juan Carlos I, nº 37
              36600 Vilagarcía de Arousa
              Pontevedra
Ponente:  Alberto Serrano Narváez, experto en acuicultura


Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.