Encontro da Xuventude emprendedora e Feira de emprego na Eurocidade_2020

27 Nov 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca un Encontro da xuventude emprendedora e Feira de emprego no marco do proxecto Eurocidade_2020, en colaboración coa AECT Eurocidade Chaves-Verín, a  Fundación Galicia Europa, o Instituto Portugués do Desporto e da Juventud (IPDJ), a  Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ), o Concello de Verín e o Municipio de Chaves.

Obxectivos:
- Apoiar aos mozos e mozas na súa orientación profesional e inserción laboral.
- Aportar ferramentas para o itinerario persoal e profesional dos mozos e mozas
-Impulsar á Eurocidade como territorio de crecemento futuro.
Destinatarios/as: mozos e mozas  galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.
Prazas: 50 prazas (30 para mozos/as galegos/as e 20 para mozos/as portugueses)
Datas: 14 a 16 de decembro de 2018
Lugar de realización:
Eurocidade Chaves-Verín
Avda. Portugal, Feces de Abaixo
32699 Verín – Ourense

Programa provisional
14 de decembro
18:00 h Chegada das persoas participantes á Verín.
20:45 h Cea
15 de decembro
08:45 h Almorzo
09:45 h Saída dirección Feces de Abaixo
10:15 h Presentación
10:45 h Dinámicas emprendedoras (Training)
O fío condutor da acción formativa será a motivación combinando unha metoloxía prácticas con continuos estímulos para fomentar o traballo de actitudes positivas que repercutan no desenvolvemento persoal e profesional dos mozos e mozas (1.- Vence os teus medos. 2.- Prepárate, primeira fase para o éxito. 3.- visión interior positiva. 4.- A clave está na actitude).
13:00 h Mesa de experiencias
13: 50 h Saída da Eurocidade para xantar
15:30 h Saída dirección Feces de Abaixo.
16:00 h Mesa de experiencias
17:00 h Habilidades comerciais (training)
Aportar visión actual do mundo empresarial e a necesidade de desenvolver habilidades comerciais e de venda. Incorporar contido práctico con ferramentas para a súa fácil aplicación no día a día.
19:15 h Fin da xornada.
20:45 h Cea
* Actividade complementaria: feira de emprego
16 de decembro
08:45 h Almorzo
09:45 h Saída dirección Feces de Abaixo
10:15 h Mesa de experiencias
11:30 h Charla Taller (training)
13:35 h Fin da xornadas
    
Inscrición: mediante formulario electrónico
Prazo de inscrición: do 27 de novembro ao 11 de decembro de 2018.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas . Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres  días seguintes, entenderase que non obtivo praza .
Cobertura:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple*
Transporte no ámbito da actividade (realización das visitas ás empresas)
* Os mozos e mozas do concello de Verín e Chaves terán cuberta a manutención pero non o aloxamento.
Transporte: haberá servizo de transporte dende Galicia a Feces de Abaixo con saída o día 14 de decembro (en horario de tarde)  desde A Coruña, con paradas en Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense e regreso o día 16 de decembro ao remate do programa de actividades facendo o mesmo percorrido.

Proxecto Eurocidade_2020

O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible.

No marco do proxecto Eurocidade_2020, esta iniciativa enmárcase na actividade 3. Eurocidade inclusiva, Acción 3.2. Capacitar a emprededores e empresarios e fomentar a creación de emprego.

Socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa;Instituto Portugués do Desporto e da Juventud (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.


FORMULARIO DE INSCRICIÓN